Papert’s 8 Big Ideas – Galician

8 grandes ideas detrás do Laboratorio Construccionista de Aprendizaxe

Translation to Galician language by Paola Guimerans

Extracto da tese doutoral.“An Investigation of Contructionism at the Maine Youth Center” de Gary Stager 2007.

Por Dr. Seymour Papert (1999)

A primeira gran idea é aprender facendo. Todos aprendemos mellor cando a aprendizaxe é parte de facer algo que nos parece realmente interesante. Aprendemos da mellor maneira cando usamos o que aprendemos para facer algo que realmente desexamos.

A segunda gran idea é a tecnoloxía como material de construción. Se podes utilizar a tecnoloxía para crear cousas, podes facer cousas moito máis interesantes. E podes aprender moito máis creándoas. Isto é especialmente certo para a tecnoloxía dixital: as computadoras de todo tipo incluíndo o Lego controlado por computador do noso laboratorio.

A terceira gran idea é diversión difícil. Aprendemos mellor e traballamos mellor se disfrutamos o que estamos a facer. Con todo, diversión e disfrutar non significa fácil: A mellor diversión é a diversión difícil. Os nosos heroes deportivos traballan moi duro para volverse mellores no seu deporte. O carpinteiro máis exitoso disfruta facendo carpintería. O empresario exitoso disfruta do traballo duro facendo negocios.

A cuarta gran idea é aprender a aprender. Moitos estudantes adquiren a idea de que “a única maneira de aprender é sendo ensinado”. Isto é o que os fai fracasar na escola e na vida. Ninguén pode ensinarche todo o que necesitas saber. Tes que facerse cargo da súa propia aprendizaxe.

A quinta gran idea é tomar tempo, o tempo necesario para o traballo. Moitos estudantes na escola afanse a que lles digan cada cinco minutos ou cada hora: feixe isto, feixe aquilo. agora feixe o seguinte. Se alguén non lles está dicindo que facer abúrrense. A vida non é así. Para facer calquera cousa importante temos que aprender a manexar o seu propio tempo. Esta é a lección máis difícil para moitos dos nosos estudantes.

A sexta gran idea é a máis grande de todas: non podes facer as cousas ben se antes non as fixeches mal. Nada importante funciona á primeira. A única maneira de facer as cousas ben é mirar coidadosamente o que sucedeu cando saíron mal. Para ter éxito necesítase a liberdade de equivocarse polo camiño.

A sétima gran idea é facer nós mesmos o que pedimos aos nosos estudantes. Estamos a aprender continuamente. Temos moita experiencia doutros proxectos similares, pero cada un é diferente. Non temos unha idea preconcibida de como sairán as cousas exactamente. Gozamos o que estamos a facer, pero esperámonos que sexa duro. Sabemos que temos que tomarnos o tempo necesario para facelo ben. Cada dificultade coa que nos atopamos é unha oportunidade para aprender. A mellor lección que podemos dar aos nosos alumnos é deixar que nos observen na nosa loita para aprender.

A oitava gran idea é que estamos a entrar nun mundo dixital onde coñecer acerca da tecnoloxía dixital é tan importante como saber ler e escribir. Así que aprender acerca dos computadores é esencial para os nosos futuros estudantes, pero o propósito MAIS importante é usalos AGORA para aprender sobre todo o demais.